Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador CON-CO-0054/2014-V, por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor do expediente sancionador.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 6 de marzo de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CON-CO-0054/2014-V.

Denunciado: Marcos Navaza Gestal.

Acto de notificación: proposta de resolución.