Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral nos centros e instalacións desta universidade (expediente 301/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 14.4.2015.

d) Número de expediente: expediente 301/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral nos centros e instalacións da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: 8 lotes.

I. Lote 1: Campus Norte de Ourense: Ciencias Físicas, Unidade Administrativa, Edificio Multiusos, Edificio de Ferro, Edificio Politécnico, CITI de Ourense e pavillóns I e II.

II. Lote 2: Campus Sur de Ourense: Facultade de Dereito e Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Pavillón Polideportivo, Biblioteca Central e Campo de Fútbol-Rugby e pistas deportivas.

III. Lote 3: Campus de Pontevedra: Edificio da Facultade de Fisioterapia, Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación, Facultade de Belas Artes, Escola de Enxeñaría Forestal, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pavillón Polideportivo, Casas das Campás e Escola Infantil.

IV. Lote 4: Campus de Torrecedeira: Escola de Enxeñaría Industrial e Escola de Empresariais.

V. Lote 5: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito Tecnolóxico: Edificio de Fundición, Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas e Escola de Enxenaría Industrial-Sede Campus.

VI. Lote 6: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito Científico: Edificio de Ciencias Experimentais (Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Químicas e Biblioteca).

VII. Lote 7: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito Xurídico-Social: Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Filoloxía e Tradución.

VIII. Lote 8: Campus das Lagoas-Marcosende. Servizos xerais e de investigación: Biblioteca Central, CACTI, ECIMAT, Edificio de Xerencia (Servizos Centrais), Reitoría, Parque Móbil, Torre módulo 2 e 5 e Servizo de Deportes.

d) Lugar de execución/entrega: todos os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo que aparecen mencionados no punto primeiro do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: dous anos a partir do día 1 de xuño de 2015 ou desde o día seguinte ao da formalización do contrato se esta última data é posterior. Non obstante, o contrato poderá ser prorrogado por períodos anuais ate un máximo de dous anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.V.:

• 90910000-Servizos de limpeza.

• 909210000-Servizos de desinfección e exterminio.

• 90922000-Servizos de control de pragas.

• 79714000-Servizos de vixilancia.

h) C.P.A: 81.2 Servizo de limpeza.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 13.636.000 €.

5. Importe de licitación: 6.818.000 €. IVE que hai que soportar: 1.431.780 €.

I. Lote 1. Importe neto: 670.000 €. Importe total: 810.700 €.

II. Lote 2. Importe neto: 548.000 €. Importe total: 663.080 €.

III. Lote 3. Importe neto: 1.270.000 €. Importe total: 1.536.700 €.

IV. Lote 4. Importe neto: 640.000 €. Importe total: 774.400 €.

V. Lote 5. Importe neto: 1.100.000 €. Importe total: 1.331.000 €.

VI. Lote 6. Importe neto: 620.000 €. Importe total: 750.200 €.

VII. Lote 7. Importe neto: 1.100.000 €. Importe total: 1.331.000 €.

VIII. Lote 8. Importe neto: 870.000 €. Importe total: 1.052.700 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: considerando que o único criterio de adxudicación é a redución do importe de licitación, considérase oportuno que naqueles supostos en que as empresas se atopen inicialmente incursas en oferta anormal ou desproporcionada se exixa unha garantía complementaria do 5 %.

7. Requisitos específicos do contratista:

I. Para as empresas españolas exíxese clasificación:

a) Lotes 1, 4, 5, 6, 7 e 8: grupo U; subgrupo 1; categoría C.

b) Lote 2: grupo U; subgrupo 1; categoría B.

c) Lote 3: grupo U; subgrupo 1; categoría D.

II. Para todas as empresas estranxeiras (en todos os lotes):

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características.

III. Para todas as empresas (en todos os lotes):

a) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 21.4.2015.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia de la Universidade de Vigo.

b) Dirección: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais-2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente 3.000 €.

11. Data de envío do anuncio al Diario Oficial de la Unión Europea: 12.3.2015.

Vigo, 18 de marzo de 2015

Por delegación (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo