Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12079

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015 da provisión de cinco vacantes de académica/o de número e de tres vacantes de académica/o correspondente.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión de cinco vacantes de académica/o de número: unha na Sección de Pintura, unha na Sección de Escultura, unha na Sección de Música, unha na Sección de Expertos nas Artes e unha na Sección de Artes da Imaxe. Para ocupar unha destas prazas será elixida unha persoa residente en Galicia que dese a coñecer o seu mérito con obras orixinais da arte que profese, ou autora de estudos sobre as mesmas especialidades.

Anúnciase tamén a provisión de tres vacantes de académica/o correspondente, ás cales se poden presentar persoas que, calquera que sexa a súa residencia, sexan acredoras desta distinción, polo mérito dos seus traballos artísticos ou de investigación, ou obxecto de intercambio con outras academias; valorarase, en todo caso, a súa vinculación con Galicia.

As persoas que polas súas actividades a prol das artes se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a estas prazas, deberán acreditar os seus méritos mediante a presentación do seu respectivo currículum vítae e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número da Real Academia Galega de Belas Artes, dentro do prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio.

Enderezo da Academia: praza do Pintor Álvarez de Sotomayor 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 4 de marzo de 2015

Manuel Quintana Martelo
Presidente