Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de marzo de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica ao interesado a resolución de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada pola Dirección da Axencia de Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio na clasificación turística e de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega do establecemento relacionado, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 10 de marzo de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: hotel rústico de unha estrela Muíño do Castelo.

Titular: Rosalba Mosquera Monroy.

NIF: 02657346H.

Enderezo: Río Limpo-Muíño do Castelo.

Concello: 15576 San Sadurniño.