Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional PSC-PO-0080/2014-PPM.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitou no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: PSC-PO-0080/2014-PPM.

Beneficiario: Juan José Allo Allo.

NIF: 35445988-K.

Enderezo: A Torre, nº 27, baixo, 36626 A Illa de Arousa, Pontevedra.

Trámite: resolución de outorgamento de suspensión condicional por un período de nove (9) meses.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar