Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente IN407A 2014/56-2, 8192 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Axencia Galega de Infraestruturas.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT e RBT para centro de conservación ordinaria e vialidade invernal na zona sur da provincia de Lugo.

Situación: concello do Incio.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe na LMT SAR804 Oural-COG Magnesitas Rubián, 4, no apoio D74-23-CH 1600-13-CR1-CA e final no CTI centro de conservación (proxectado), cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie centro de conservación sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión soterrada con orixe no CTI proxectado e final no equipamento de medida, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 4 de marzo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo