Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública unha modificación substancial do Centro de Procesado Avícola (CPA) que Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren) posúe no concello de Ourense (clave do expediente 2013-IPPC-M-93).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo) e no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002 (BOE nº 251, do 19 de outubro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental simplificado de instalación dunha caldeira de xeración de vapor alimentada con esterco de ave. Marzo 2015».

– «Proxecto: instalación dun xerador de vapor. Xullo 2014».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades >>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Nº de rexistro da autorización ambiental integrada: 2007/0081_NAA/IPPC_143.

Clave do expediente de modificación: 2013-IPPC-M-93.

Peticionaria: Cooperativas Orensanas, S.C.G.

Domicilio social e localización da instalación: Centro de Procesado Avícola (CPA), 32990 Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense.

Descrición do proxecto: o proxecto consiste na instalación, no CPA do grupo Coren (ao que corresponde a autorización ambiental integrada co nº de rexistro 2007/0081_NAA/IPPC_143), dunha caldeira de xeración de vapor que empregará como combustible galiñaza procedente das granxas do grupo.

As actuacións comprenderán basicamente a construción dunha sala de caldeiras e un almacén de combustible formado por dous silos enterrados, que ocuparán unha superficie total de 405 m2. A caldeira terá unha produción de vapor de 4.000 kg/h a 12 bares de presión. O vapor xerado subministrarase aos diferentes procesos do CPA.

O titular declara que o proxecto non implica a xeración de verteduras adicionais diferentes ás xa xeradas no CPA.