Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de formalización do contrato de concesión do servizo de abastecemento de auga potable.

Mediante Acordo do Pleno do 12 de febreiro de 2015, adxudicouse o contrato da xestión indirecta mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable do Concello do Pereiro de Aguiar, e faise pública a súa formalización para os efectos do artigo 154.1 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (en diante TRLCSP).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Pereiro de Aguiar.

b) Órgano de contratación: Pleno do Concello.

c) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

d) Número de expediente: 01/2015.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: (http.www.depourense.es).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de xestión de servizos públicos, de conformidade co disposto nos artigos 5, 8 e 19.1.a) do TRLCSP.

b) Descrición do obxecto: contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable do concello do Pereiro de Aguiar.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación e data:

Perfil do contratante: 28.10.2014 (licitación, prego de claúsulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas).

Boletín Oficial da provincia (BOP): núm. 252, do 31.10.2014.

Diario Oficial de Galicia (DOG): núm. 210, do 3.11.2014

Medio de publicación da corrección de erros e data:

Perfil do contratante: 18.11.2014.

Boletín Oficial da provincia (BOP): núm. 268, do 21.11.2014.

Diario Oficial de Galicia (DOG): núm. 224, do 21.11.2014.

d) Código CPV (referencia de nomenclatura): 41110000-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Mesa de contratación (proposta de resolución): 19.1.2015.

5. Requirimento de documentación: 20.1.2015.

6. Fianza definitiva: aval bancario núm. de rexistro especial de avais 0182000828960.

a) Entidade avalista: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

b) Data: 22.1.2015.

c) Importe: setenta e cinco mil (75.000,00) euros.

d) Mercantil avalada: Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. CIF: A66141184.

7. Data da adxudicación: Pleno do 12.2.2015.

8. Contratista/concesionaria: Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., CIF: A66141184.

9. Importe ou canon de adxudicación.

Canon concesional pola explotación do servizo: sesenta mil cincocentos (60.500,00) euros anuais.

10. Formalización do contrato: 28.2.2015.

11. Acta de entrega das instalacións: 28.2.2015.

12. Duración do contrato.

Segundo a cláusula V do PCAP, o prazo de explotación da concesión será de vinte e cinco (25) anos.

13. Data de inicio da prestación do servizo: o servizo comezará a prestarse o día 1 de marzo de 2015.

14. Execución do contrato.

Ademais dos dereitos e obrigas que se establecen nos artigos 279 a 282 do TRLCSP, os que se establecen expresamente na cláusula XVI do PCAP.

15. Revisión de prezos.

Non hai revisión de prezos para o canon tras a Lei de desindexación da economía. Respecto do equilibrio económico-financeiro, rexerá a cláusula IV do PCAP.

O Pereiro de Aguiar, 4 de marzo de 2015

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde