Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/4/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 26 de xaneiro de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/4/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación de uso residencial de planta baixa, así como na execución dun enlousado auxiliar do dito uso residencial, no lugar de Esperido, parroquia de Noche, no termo municipal de Vilalba.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Manuel Lamas Losada e Araceli Trinidad Iglesias, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística