Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao expediente 116/77.

Na sesión que tivo lugar polo Xurado Provincial o 26 de febreiro de 2015, figura o acordo seguinte:

Monte Portela e Toxoso (expediente 116/77), pertencente aos veciños da parroquia de Castromaior, do municipio de Abadín, clasificado polo Xurado o 30 de abril de 1979. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión do 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 16 de maio de 2014, tivo entrada escrito presentado por Fernando Díaz Bello, como presidente da xunta reitora do monte, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta, con respecto aos terreos de titularidade particular recoñecidos, como tales, na resolución de clasificación. Con data do 28 de xaneiro de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Portela e Toxoso, quedando o monte cunha superficie de 496,41 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda, aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con el.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 4 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo