Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11864

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de marzo de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 13 de outubro de 2014 (DOG núm. 203, do 23 de outubro), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no artigo 16 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido regulamento, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica a persoa funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lles dará traslado, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que lle pon fin a vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Mª Elena Varela Arias.

NRP ou DNI: 3382766068 A206M.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, espc. museos.

Posto de traballo: director /a do museo.

Código do posto: ED.C99.50.201.27100.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Museo Castro Viladonga.

Localidade: Castro de Rei (Lugo).