Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de punto limpo en Frades, concello de Frades (A Coruña), promovido por esta consellería (clave 2014/0140).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 25 de febreiro de 2015 sobre o proxecto de punto limpo en Frades, concello de Frades (A Coruña), promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental