Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de resolución de concurso de funcionarios.

Mediante Resolución do concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación, número 336/2015, do 26 de febreiro de 2015, resólvese o concurso para a provisión por promoción profesional do posto de traballo de xefe de negociado (atención SAC), segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da provincia número 222, do 19 de novembro de 2014, do modo que a seguir se indica:

1. Adxudicar o seguinte posto de traballo á funcionaria que a seguir se indica:

Posto de traballo

Nome da funcionaria (praza que ocupa do cadro de persoal)

Xefe negociado (atención SAC)

Josefa Míguez Boquete (administrativa)

2. O prazo de toma de posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución definitiva do concurso no Diario Oficial de Galicia.

3. O destino adxudicado será irrenunciable, salvo que, con anterioridade á finalización do prazo posesorio, a interesada obteña outro destino, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso. Neste caso, poderá optar por un dos dous e estará obrigada a comunicar por escrito nos tres días seguintes ao da opción realizada.

4. O cómputo do prazo posesorio non se iniciará mentres non finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle fosen concedidos á interesada.

Cambre, 27 de febreiro de 2015

Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación