Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se lle dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sobre o proxecto de prórroga e ampliación da concesión derivada San Vicente número 4327, no concello de Vilamartín de Valdeorras (clave 2012/0221).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de febreiro de 2015, relativo ao proxecto de prórroga e ampliación da concesión de explotación derivada San Vicente nº 4327, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), promovido por Canteras Villamartín, S.L.

O informe pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.cmati.xunta.es/resolucións-da-avaliación-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).

Ourense, 5 de marzo de 2015

Alfonso Tomás Paz Doníz
Xefe territorial de Ourense