Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2014/54-2, 8190 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: pol. As Gándaras-parcela U2-rúa A.

Denominación: modificado CTC colexio público de Cervo.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, consistente en anelar o CT proxectado na LMT Espiñeirido, cunha lonxitude de 69 metros en condutor novo tipo RHZ1-240 mm entre o CTC proxectado e o PA/S situado no apoio B, e condutor recuperado en obra entre o CTC proxectado e o PA/S situado no apoio A.

2. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relacción de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión soterrada con orixe no CT proxectado e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 54 metros en condutores tipo RV.

4. Desmontaxe da LMTA ao CTI Grupo Escolar, o CTI Grupo Escolar e 155 metros de condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de marzo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo