Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014382TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 28 de xaneiro de 2015, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2014382TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Disco Pub Mirrors, S.L., con CIF B94089893, como titular do establecemento Pub Mirrors.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Disco Pub Mirrors, S.L., o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1ª andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2014382TA-PO.

Denunciada: Disco Pub Mirrors, S.L., con CIF B94089893, como titular do establecemento Pub Mirrors.

Último enderezo coñecido: rúa B, núm. 37, 36500 Lalín (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 4. «A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións:

b) Situación: as máquinas expendedoras de produtos do tabaco só poderan situarse.., así como naqueles locais a que se refiren as letras... e u) do artigo 7 (isto é, bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados), nunha localización que permita a vixilancia directa e permanente do seu uso por parte do titular do local ou dos seus traballadores. (....).

Non se poderán situar nas áreas anexas ou de acceso previo aos locais, como son as zonas de cortaventos, porches, pórticos, corredores de centros comerciais, vestíbulos, distribuidores, escaleiras, soportais ou lugares similares que poidan ser parte dun inmoble pero non constitúen propiamente o interior deste.

d) Características: para garatir o uso correcto destas máquinas, deberán incorporar os mecanismos técnicos adecuados que permitan impedir o acceso aos menores de idade».

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como graves no artigo 19.3.g) e 19.3.n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: mil douscentos dous euros (1.202 €).