Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2015 polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Martínez Parapar, Aurora e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, logo de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Pastoriza, 8 , 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Procedemento

Martínez Parapar, Aurora

32795882K

R/ Ángel Senra, nº 14, 2º

15007 A Coruña

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Gugliuzza, Claudio Gabriel

Y1096307A

R/ Rosalía de Castro, nº 96, 5º

36000 Vigo

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

González Viña, Ruth

45846779M

R/ Alexandre Bóveda, nº 11, 4 D

15704 Santiago de Compostela

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Ibáñez Carrera, Juan Jesús

35559429A

R/ Cividad Xinzo, s/n

36891 Ponteareas

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo