De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Abanca, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º de Ourense.
Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Ourense, 2 de marzo de 2015
P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-291/14.
DNI: B32333551.
Denunciada: Nosguloscu, S.L.
Enderezo: praza José Otero, 16 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Establecemento: Sueño Húmedo, praza José Otero, 16 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Importe da sanción: 300 €.