Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de apertura do expediente sancionador 174/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á entidade que se cita a seguir a apertura de expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 174/14.

Denunciada: Talleres Tobal Móvil, S.L.

Enderezo: San Roque s/n, Tobal, 36940 Cangas (Pontevedra).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda 43-1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra), e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra