Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11418

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (28/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 28/2015 deste xulgado do Social, seguidos por instancia María Trinidad Rodríguez López contra a empresa Hortalizas e Legumes Otero García, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

a) Declarar o executado Hortalizas Otero García, S.L. en situación de insolvencia por importe de 4.976,46 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hortalizas e Legumes Otero García, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Pontevedra, 2 de marzo de 2015

A secretaria xudicial