Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación San Antonio V, fracción 8, número 5736.8, nos concellos de Guitiriz e Friol.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de 30 días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación que a seguir se describe:

Solicitante: Ingemarga, S.A.

Domicilio social: estrada do Campamento Militar de Parga, 27305, Guitiriz.

Nome: San Antonio V fracción 8.

Número: 5736.8.

Situación: concellos de Guitiriz e Friol.

Cuadrículas mineiras: seis (6).

Recurso: granito.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 52’ 40”

43º 08’ 00”

2

7º 52’ 20”

43º 08’ 00”

3

7º 52’ 20”

43º 07’ 40”

4

7º 51’ 40”

43º 07’ 40”

5

7º 51’ 40”

43º 07’ 00”

6

7º 52’ 20”

43º 07’ 00”

7

7º 52’ 20”

43º 07’ 20”

8

7º 52’ 40”

43º 07’ 20”

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, nos concellos de Friol e Guitiriz e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda de la Muralla, 70, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía e Industria conforme o establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Lugo, 22 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo