Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes do Plan de inspección en materia de seguridade industrial do ano 2014.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 3 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Interesados

Acto que se notifica

Concello

Noroeste de Gas Canalizado, S.L.

Trámite de audiencia

A Coruña

Fontanería Rodríguez Recarey, S.L.

Trámite de audiencia

A Coruña

Nemesio Sanda Pérez

Trámite de audiencia

A Coruña