Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0094 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de marzo de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0094.

Interesado: Trandafir Scripcariuc.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0117.

Interesada: Vázquez Forestal, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución do expediente sancionador

Expediente: CO-RES-2015-0012.

Interesado: David Ramos Insua DBI.

Acto notificado: acordo iniciación do expediente sancionador.