Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública 240/413 sobre proxecto de expropiación por taxación conxunta 1ª fase Cidade da Xustiza.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 20 de febreiro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta dos terreos comprendidos na 1ª fase do sistema xeral “SX/EQ-DC/C05/1 Cidade da Xustiza”, que se corresponden cos terreos situados dentro da parcela P.2 da mazá M.7 da “AOD A-3-14 Chouzo” do PXOM, segundo o documento datado a febreiro de 2015 elaborado pola Oficina de Planeamento e Xestión e a Oficina Municipal de Vivenda e Solo, coa colaboración do resto de servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Segundo. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Terceiro. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que teñan por conveniente no prazo dun mes a partir da data da notificación.

Cuarto. Solicitar do Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo a práctica da nota marxinal de incoación do procedemento expropiatorio por taxación conxunta naqueles predios afectados polo mesmo que figuren inscritos, consonte o disposto no artigo 22 do Real decreto 1093/1997, de 4 de xullo».

O expediente estará á disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do Edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren pertinentes na súa defensa, entendéndose o período de exposición pública desde a primeira publicación ata pasado o mes desde a última publicación.

Vigo, 13 de marzo de 2015

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada de Urbanismo, Núcleos Históricos,
Grandes Proxectos, Patrimonio, Economía e Facenda