Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo non suxeito a regulación harmonizada, relativo ao servizo de transporte, montaxe e desmontaxe, e seguro dos elementos expositivos, e o deseño e impresión do material de edición da exposición Vía Iacobitana, por procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: transporte, montaxe e desmontaxe, e seguro dos elementos expositivos, e o deseño e impresión do material de edición da exposición Vía Iacobitana.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 33.057,85 €.

IVE (21 %): 6.942,15 €.

Importe total IVE incluído: 40.000,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22178

Información de índole técnica; teléfono 981 55 73 40.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 02 75.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con tres (3) días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo Diario Oficial de Galicia por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia