Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11223

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor de nomeamento do posto de director/a da Área de Sociedade Dixital, convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 3 de outubro).

Convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, mediante a Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG núm. 189, do 3 de outubro), de conformidade co establecido na base décima da referida resolución e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG núm. 189, do 3 de outubro).

Segundo. A persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección ao amparo do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades recollido na Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica.

Cuarto. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Ferreiro Esteban, María Belén.

Tipo de persoal: persoal directivo/ alta dirección.

Denominación do posto: director/a da Área de Sociedade Dixital.

Código: PX.A11.00.006.15770.001.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Localidade: Santiago de Compostela.