Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, do servizo de oito (8) avións con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017, proposta 4/15-I (expediente 18/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de oito (8) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (proposta 4/15-I) cunha duración total do contrato de vinte e catro (24) meses desde a data de sinatura.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a execución do contrato desenvolverase nas anualidades 2015 e 2016 (campaña contra incendios) e anualidades 2016 e 2017 (precampaña), de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 3.087.618,56 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 7.343.077,12 € (incluídas posibles prorrogas e ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría D, segundo letra I do prego de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (para os licitadores non españois de Estados membros da Unión Europea) segundo as letras J e K do prego de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: 154.380,93 € (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 881 99 93 88 (consultas administrativas), 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21997

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 9 de abril de 2015.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 20 de abril de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: condicións especiais de execución: con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista deberá dispoñer das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no punto 12 do PPT.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de marzo de 2015. Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar