A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de outubro de 2014, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/18/2012, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 18.12.2012 e 16.5.2013, en que se lle ordena a demolición de dúas vivendas, parcelación urbanística e a reposición dos terreos, no lugar do Outeiro, no termo municipal de Carballo, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Juan Francisco López Roibal, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística