Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-OU-0030/2014-IA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento SAN-OU-0030/2014-IA.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co artigo 26.2.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

O prazo para interpoñer o recurso contarase desde a última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-OU-0030/2014-IA.

Interesado: Marcial Luis Emiliano Álvarez Lamas.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar das Airas, bloque 19, 32920, Toén, Ourense.