Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21268

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 66.115,70 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 12 de febreiro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 26 de febreiro de 2015.

c) Contratista: BIC, Materiales y Conservación, S.L.

d) Importe de adxudicación: 59.505,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria