Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a corrección de erros na documentación para a licitación da contratación de servizos multimedia a doentes desta xerencia (referencia AB-EIC1-14-008).

No DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2015, publicouse a Resolución do 15 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anunciaba a contratación de servizos multimedia a doentes desta xerencia (referencia AB-EIC1-14-008).

Advertidos varios erros en diferentes apartados dos pregos de cláusulas administrativas particulares e dos pregos de prescricións técnicas publicados no perfil do contratante http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=70025:

1. No prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP):

a) No número 6.5.1.1, a suma total dos criterios non avaliables de forma automática.

b) No número 6.5.1.2, a suma total dos criterios avaliables de forma automática.

c) No número 6.5.1.2, no criterio 6, na táboa de puntuacións, no número de televisións en aberto ofertadas.

d) No número 8.3.5, no prazo máximo para a instalación dos dispositivos.

2. No prego de prescricións técnicas (PPT):

a) No número 4 «Alcance», na táboa co número de camas, cuartos e salas por centro, no Hospital Teresa Herrera (HTH) e no número total de cuartos da XXIAC.

b) No número 5.1, no parágrafo 4º.

c) No número 6.2, no tamaño mínimo de pantalla.

d) No número 6.3, elimínanse varias epígrafes.

Procederase á publicación no perfil do contratante da resolución de corrección de erros da documentación do expediente administrativo para a contratación de servizos multimedia a doentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (referencia AB-EIC1-14-008).

Establécese como nova data límite de presentación das proposiciones o cuadraxésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (as proposiciones deberán ser presentadas antes das 14.00 horas do último día de prazo, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado).

A Coruña, 5 de marzo de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña