Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2015 pola que se modifica a Resolución do 2 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración dunha cabeza tractora adaptada para transportar os semirremolques para o apoio na xestión de emerxencias e tarefas de protección civil, no marco do proxecto Ariem 112 (asistencia recíproca interrexional en materia de emerxencias 112), cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013.

Advertido un erro no anuncio de licitación publicado no DOG núm. 48, do día 11 de marzo de 2015, procede efectuar a súa corrección:

Considerando que o prazo mínimo preceptivo de 15 días non remata o día 23 de marzo, tal e como aparece publicado, se non o día 26 de marzo, cómpre efectuar as correccións oportunas nas alíneas correspondentes do anuncio.

En consecuencia, procédese á modificación da data límite para a obtención de documentación, información e presentación de ofertas e fíxase esta no día 26 de marzo de 2015.

Deste xeito, onde di: «23 de marzo de 2015», debe dicir: «26 de marzo de 2015».

Permanece en idénticos termos o resto do contido do anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias