Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se declara deserto o alleamento das parcelas 249, 250 e 251 do IPMS (expediente 1805/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, con data do 13 de febreiro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. De conformidade coa proposta da mesa de contratación que tivo lugar o 6 de febreiro de 2015, por non terse presentado ofertas, declarar desertos a totalidade dos lotes do procedemento para o alleamento por poxa pública á alza en sobre pechado das parcelas con destino á construción de vivendas unifamiliares libres 249, 250, 251 e 252 do Inventario do Patrimonio Municipal do Solo, sitas na rúa Tomada.

Segundo. Ordenar a publicación de anuncios da declaración de deserto do procedemento no BOP e no DOG, así como no perfil do contratante.

Vigo, 23 de febreiro de 2015

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos,
Patrimonio, Economía e Facenda