Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de marzo de 2015 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído de varias estradas da rede autonómica de Galicia da zona do Baixo Miño.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á rede autonómica de estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense a información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona do Baixo Miño

Treito/s

Clave

Concello/s

PO-340

Tui (N-550) – A Ramallosa (PO-552)

16+800 ao 21+510

PO/13/042.09.1

Gondomar, Nigrán

PO-403

Salvaterra (PO-400)-Ponteareas (N-120)

8+550 ao 11+280

PO/13/042.09.2

Ponteareas

PO-552

Vigo (Avda. do Alcalde Portanet)-Tui (N-551)

2+310 ao 9+410

10+830 ao 15+590

46+860 ao 62+090

63+840 ao 71+220

PO/13/042.09.3

Vigo, Nigrán, Baiona,

A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou as suxestións que coiden oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nos respectivos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referidos.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico: mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación a que van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, nº de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas