Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 24 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica a resolución do procedemento declarativo de reintegro da axuda socioeconómica da prima non renovable a Benancio Urbano Cancapa Lupaca.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a :

– Benancio Urbano Cancapa Lupaca a resolución do procedemento declarativo de reintegro en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2010 (DOG nº 94, do 20 de maio).

Contra esta resolución poderá interpor recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contecioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

O expediente, que se relaciona a continuación, está a disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2010/42-0.

Nome: Benancio Urbano Cancapa Lupaca.

NIF: X8032588E.

Embarcación: Pilar Roca.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar