Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á modificación substancial dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á modificación substancial da autorización ambiental integrada que se relaciona a continuación, que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 23 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de modificación (por modificación substancial) e refundido do texto da autorización ambiental integrada outorgada a Conejos Gallegos Cogal, S.C.G., para un matadoiro de coellos e parrulos con sala de despezamento e envasado e planta de transformación de subprodutos de categoría 3, no complexo industrial de Álceme, no concello de Rodeiro (Pontevedra). Nº de rexistro: 2007/0230_NAA/IPPC_220.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental