Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados no concello de Pontevedra.

Ás 11.30 horas do día 23 de abril de 2015 terá lugar na sala de conferencias do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na rúa Fernández Ladreda, número 43, de Pontevedra, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da asesoría xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa dos lotes que a seguir se describen, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 9 de xuño de 2014 e 19 de febreiro de 2015:

1. Predio urbano. Piso segundo, fondo, letra B, destinado a vivenda, sito no segundo andar da casa situada na cidade de Pontevedra, na rúa Doutor Loureiro Crespo, sen número (hoxe 14). Mide 79 m2 de superficie útil, distribuída en vestíbulo, estar-comedor, 3 dormitorios, cociña, baño, aseo, lavadoiro a patio de luces e balcón ao fondo. Coeficiente: en relación ao total valor do inmoble. Cota de participación: 3 %. Referencia catastral: 0076006NG3907N0007FX. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1, co número 21.253, no folio 110, do libro 1.804, tomo 1.935 do arquivo.

Tipo de licitación primeira poxa: 143.383,24 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 121.875,75 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 100.368,27 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

2. Predio urbano. Departamento nº 28. Vivenda. Sinalada coa letra E, tipo E, sita na esquina nordés do cuarto andar do edificio, cunha superficie construída de 100 m2, distribuída en: vestíbulo, corredor, cociña, lavadoiro, dous cuartos de baño, estar-comedor e tres dormitorios. Forma parte integrante do edificio sinalado co número 3 da rúa José Millán, denominado edificio Portonovo 2, na cidade de Pontevedra. Referencia catastral: 9978004NG2997N0139IE. Cota de participación: 2,14 %. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra co número 42.096, no folio 52, libro 452, tomo 1.028. A vivenda anexa: un rocho no andar superior, baixo cuberta, sinalado co mesmo número que a vivenda, e a praza de garaxe número 15.

Tipo de licitación primeira poxa: 169.193 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 143.814,05 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 118.435,10 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

3. Predio urbano. Vivenda B no segundo andar do edificio situado na avenida Xoán Carlos I, s/n, hoxe rúa Carrasqueira, número 2, de Pontevedra, con acceso polo portal 6. De 121,30 m2 de superficie construída e de 105 m2 de superficie útil. Referencia catastral: 0775601NG3907N0098LJ. Cota de participación: 0,83 %. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1, co número 60.711, no folio 196, do libro 786, tomo 1.586 do arquivo. A vivenda anexa: unha praza de aparcadoiro, número 124, no soto segundo cunha superficie útil de 12,53 m2 e unha adega ou rocho, número 109, no soto 2º ou máis profundo, cunha superficie útil de 3,49 m2.

Tipo de licitación primeira poxa: 188.296,71 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 160.052,20 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 131.807,70 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar de Santiago de Compostela, así como na páxina web da Consellería de Facenda: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion.

Poderanse visitar os inmobles solicitando cita previa.

Teléfonos de información: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda