Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de febreiro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión dos viveiros Marpesa XVIII, Marpesa XXVI, Marpesa XXVIII e Marpesa XXX.

Visto o expediente instruído a efectos de transmisión dos viveiros Marpesa XVIII, Marpesa XXVI, Marpesa XXVIII e Marpesa XXX e da concesión administrativa que o ampara resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 14 de xaneiro de 2015, Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579) solicitou autorización para a transmisión da concesión dos viveiros Marpesa XVIII, Marpesa XXVI, Marpesa XXVIII e Marpesa XXX.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Organización de Productores de Mejillón de Galicia Opmega (G36041234), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XVIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 6.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: OM do 6.10.1953 (BOE nº 345).

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Organización de Productores de Mejillón de Galicia Opmega (G36041234).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXVI.

Localización:

Cuadrícula nº: 9.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: OM do 18.9.1964 (BOE nº 236).

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Organización de Productores de Mejillón de Galicia Opmega (G36041234).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXVIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 11.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: OM do 18.9.1964 (BOE nº 236).

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Organización de Productores de Mejillón de Galicia Opmega (G36041234).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXX.

Localización:

Cuadrícula nº: 13.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: OM do 18.9.1964 (BOE nº 236).

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Organización de Productores de Mejillón de Galicia Opmega (G36041234).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de febreiro de 2015

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo