Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar; rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer no prazo de cinco (5) días hábiles (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas) para coñecemento do contido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Nº expediente: 2014/72-5.

Interesada: Teresa Noemí Otero Quesada.

Domicilio: rúa Toledo, nº 98, Vigo.

Asunto: notificación de resolución administrativa do 1 de decembro de 2014.

Vigo, 20 de febreiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo