Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO do extracto de nova convocatoria de dúas prazas da Policía Local.

No BOP número 154, do día 14 de agosto de 2013, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de dúas prazas da Policía Local.

Con data do 2 de marzo de 2015 publicouse no BOP número 40 un anuncio relativo á revogación da base terceira b) das citadas bases específicas, á suspensión da data de realización da primeira proba (anunciada no BOP do 18 de febreiro) e ao acordo de publicar unha nova convocatoria.

A presentación de solicitudes para participar na nova convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 2 de marzo de 2015

José Manuel Rey Varela
Alcalde