Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10588

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Lugo

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Ás 9.00 horas do día 27 de abril de 2015 terá lugar na Comandancia da Garda Civil de Lugo poxa de armas composta por 294 lotes, que serán expostos ao público do 20 ao 24 de abril, das 9.00 ás 13.00 horas, momento en que será entregada ao público a correspondente folla de condicións. A poxa será a prego pechado e o prazo de presentación rematará ás 13.00 horas do día 24 de abril de 2015.

Lugo, 19 de febreiro de 2015

Miguel Ángel González Arias
Tenente coronel