Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa e do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) de Corón (expediente 10/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa e do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) de Corón.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21708

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 241, do 17 de decembro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 112.941,50 €, IVE (21 %): 23.717,72 €. Importe total: 136.659,22 €.

Valor estimado: 112.941,50 € (sen IVE).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de xaneiro de 2015.

b) Adxudicataria: Protección y Seguridad del Noroeste-Prosenorsa, S.L.

c) Importe: 132.836,24 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 31.1.2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa, xa que ofertou o prezo máis baixo, único criterio de valoración.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar