Mediante a Orde do 24 de setembro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 193, do 9 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015
P.D. (Orden do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Posto de traballo: xefatura do Servizo de Vixilancia e Inspección.
Código do posto: ED.302.00.001.15770.030.
Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Localidade: Santiago de Compostela.
Subgrupo: A1-A2.
Corpo ou escala: xeral/especial.