Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10118

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas a proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2014 (DOG núm. 248, do 29 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape a proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2015, por trámite anticipado de gasto.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras están a analizarse as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axudas xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, co NIF e o código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, darase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG212.2015.1.1

Asoc. Lucense de Talleres de Reparación de Vehículos

G27030790

IG212.2015.1.2

Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Auton. y Peq. Empresas de Galicia

G36550630

IG212.2015.1.3

Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco)

G36796779

IG212.2015.1.4

Asoc. Prov. Talleres de Reparación de Vehículos

G32005837

IG212.2015.1.5

Asociación Profesional de Turismo Rural Campoemar

G70055140

IG212.2015.1.7

Federación Galega de Asociacións de Turismo Rural (Fegatur)

G36442804

IG212.2015.1.8

Asociación Gallega de Ferias-Agafe

G32429953

IG212.2015.1.9

Asociación Gallega de Ferias-Agafe

G32429953

IG212.2015.1.10

Asociación Gallega de Ferias-Agafe

G32429953

IG212.2015.1.17

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG212.2015.1.19

Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia

G15069792

IG212.2015.1.20

Fundación Clúster Metalúrxico de Galicia

G27783273

IG212.2015.1.25

Ageinco

G36942720

IG212.2015.1.28

Asoc. Empres. Instalac. y Rep. Elec. Pontevedra

G36640845

IG212.2015.1.29

Apetamcor (Asoc. Emp. de Transportes de Mercaderías)

G32026056

IG212.2015.1.33

Federación de Empresarios do Barbanza

V15227861

IG212.2015.1.39

Asociación de Empresarios de Transp. de Serv. Discrecionales de Pontevedra

G36627719

IG212.2015.1.40

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG212.2015.1.41

Gremio Provincial de Joyeros. Plateros y Relojeros

G15031453

IG212.2015.1.42

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG212.2015.1.43

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG212.2015.1.44

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG212.2015.1.45

Asociación Gallega de Pizarristas

G32016990

IG212.2015.1.46

Agrupación Innovadora Clúster de la Carne de Galicia

G32432221

IG212.2015.1.47

Asociación de Empresarios de O Couto

G32380065

IG212.2015.1.48

Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense

G32015729

IG212.2015.1.49

Asociación Hosteleros das Fontiñas

G27406263

IG212.2015.1.50

Asociación Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia

G27428465

IG212.2015.1.51

Asociación Marineda Jóvenes Empresarios

G15581259

IG212.2015.1.52

Asoc. Empresarial de Industrias de Transf. del Polígono de O Ceao

G27030873

IG212.2015.1.53

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés

G36340685

IG212.2015.1.54

Clúster de Logística, Transporte de Mercancías y Movilidad de Galicia

G70314109

IG212.2015.1.55

Federación Galega de Parques Empresariais

V15650369

IG212.2015.1.56

Federación Galega de Parques Empresariais

V15650369

IG212.2015.1.57

Federación Gallega de Asocs. y Gremios de Joyería, Platería y Relojería

G15086366

IG212.2015.1.58

Federación Gallega de Asocs. y Gremios de Joyería, Platería y Relojería

G15086366

IG212.2015.1.59

Asociación Empresarial de Turismo Visit. Arousa

G94108321