Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, do servizo de conservación e mantemento das zonas verdes e xardíns.

Aprobado por decreto da Alcaldía do 11 de febreiro de 2015 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación, polo procedemento aberto, do servizo de conservación e mantemento de zonas verdes e xardíns do concello da Guarda, que se expoñen ao público durante oito (8) días, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase a contratación e aprazarase a licitación, se resultar necesario, por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora:

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Obxecto do contrato:

É obxecto do contrato a prestación do servizo de conservación e mantemento de zonas verdes e xardíns do concello da Guarda.

Duración:

Dous anos, con posibilidade de prórroga.

Tipo de licitación:

160.000 € (IVE incluído), importe que poderá ser mellorado á baixa polos licitadores.

Modalidade de adxudicación:

Procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías:

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: o adxudicatario, como requisito previo e necesario para a formalización do contrato, deberá constituír a garantía definitiva a que se refire o artigo 95 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, por importe equivalente ao 5 por 100 do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, por medio de calquera das formas previstas no artigo 96 e segundo o estipulado no artigo 97 do TRLCSP en canto ao réxime das garantías prestadas por terceiros.

Exame do expediente:

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, agás sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións:

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Guarda de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia.

Apertura de proposicións:

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tal día é sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

A Guarda, 11 de febreiro de 2015

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde