Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10243

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia nº 41, do 2 de marzo de 2015, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado pola Deputación de Pontevedra para cubrir 26 postos de traballo de administrativo, laboral fixo, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 2 de marzo de 2015

Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada