Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10246

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de licitación da contratación do servizo de planificación, xestión e dinamización nas redes sociais das marcas CRTVG, TVG e RG (expediente 2015000066).

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de planificación, xestión e dinamización nas redes sociais das marcas CRTVG, TVG e RG.

3. Orzamento base de licitación: 59.800 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: un (1) ano.

5. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

9. Lugar de presentación das ofertas: Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns, Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e na hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Juan Carlos Gómez Louzao
Subdirector de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.