Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10057

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de febreiro de 2015 pola que se nomean o presidente e o vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, tras o proceso electoral convocado mediante a Orde do 26 de agosto de 2014.

Co fin de rematar o proceso de renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, despois do proceso electoral convocado mediante a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 26 de agosto de 2014 (DOG núm. 170, do 8 de setembro) e tras a elección polo seu pleno das persoas que ocuparán os cargos de presidente e vicepresidente, consonte as atribucións que teño conferidas polo Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear as persoas que ocuparán os cargos de presidente e vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, tras o proceso electoral convocado pola Orde do 26 de agosto de 2014.

Presidente: Francisco Antonio Alcalde García.

Vicepresidente: Manuel Dieste Mos.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar