Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10160

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa pública dun proxecto técnico, de diversas prazas de supervisor/a de unidade do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Convocada por Resolución do 28 de outubro de 2014 (DOG núm. 220, do 17 de novembro), a provisión de diversos postos de supervisor/a de unidade do Hospital Universitario Lucus Augusti, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de catro prazas de supervisor/a de unidade do Hospital Universitario Lucus Augusti, convocada por Resolución do 28 de outubro de 2014 (DOG núm. 220, do 17 de novembro).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. As profesionais nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada das interesadas, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. As aspirantes nomeadas serán avaliadas, antes de que transcorran catro (4) anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia das interesadas.

Quinto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG núm. 135, do 12 de xullo), de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada, perante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo, que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 20 de febreiro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: supervisora da Unidade Médico-Cirúrxica do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Nome e apelidos: Emilia Irene García Monasterio.

DNI: 33323694-Y.

Denominación do posto: supervisora da Unidade Médico-Cirúrxica do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Nome e apelidos: María Rosa Gómez Martínez.

DNI: 33313527-M.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Radiodiagnóstico do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Nome e apelidos: Begoña Amenedo Losada.

DNI: 32434524-Q.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Nome e apelidos: María de los Ángeles Viña Varela.

DNI: 33854331-X.