Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador LU-RES 2014/061 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora dos procedementos sancionadores.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 18 de febreiro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2014/061.

Interesado: Ioan Ilinca.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/107.

Interesado: Remus Vasile Matei.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/163.

Interesado: Gheorghe Roua.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/170.

Interesada: Jahreswagen Center, S.L.U.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/175.

Interesado: Alin Marcu.

Acto notificado: arquivamento de denuncia.